A Virxe dos
Milagros de Saavedra
Miña Virxe
dos Milagros,
Raíña, miña
Señora:
¡cuida do pan
que nos agros
anda a florear
agora!
¡Crucei as
augas do Miño
pra me chegar
á túa beira!
¡E ti
sorrisme amodiño
con sorrisa
feiticeira!
¡Miña Virxe
de Saavedra,
víñente ver
de escapado
mentres o
centeo medra
na luz do Maio
amaiado!
Soio che traio
por flor
a pobreza dun
cantar,
tenrura do meu
amor
¡e toda a
noite a ruar!
Na alma traio
soidá;
no corazón
unha aurora.
¡Ti reinas na
Terra Chá!
¡E eu son
labrego, Señora!
Terra Chá,
1954
Ningún comentario:
Publicar un comentario