Un presentimento fatal, escuro e xordo
dime que dentro de min,
na íntima arca do meu peito,
un día nacerame un mal -quizais
un anda con el xa desde sempre-
que irá roendo a miña carne,
desfacéndome, aniquilando
este anaco sinxelo de ledicia,
melancolía e soño que eu son.
O meu mal, ¿será unha moura e peluda
araña venenosa ou unha desas flores
tristes que nacen, viven e esmorecen
nas augas mortas, podres e estancadas?
Ao meu mal pídolle enteireza,
calma, resignación e comprensión
e que me leve mainamente cando
o Outono madure o froito máis dourado.
Versos do lume e do vagalume (1982)
Ningún comentario:
Publicar un comentario