Unha fonda escuridade silandeira
como acivro médrame no peito:
fatalidade inexplicábel e lúcida
que levo ergueita no máis alto:
tal unha bandeira de tristura
sinalando a inevitábel condición
de ser inconsistente cantería
pouco a pouco desfeita polo tempo.
A luz resucitada (1984)
Ningún comentario:
Publicar un comentario