Terra Chá foi un dos grandes libros que nos deixou Manuel María, e como el mesmo dicía, foi medrando ao longo dos anos. Proba diso é este "soñetiño" a Xosé Estévez, Pepucho, que se incorporou nalgunha reedición posterior, posto que o propio homenaxeado di que coñeceu ao chairego no 1965:
Sonetiño ó carballo que o noso amigo Pepe
Estévez, quirogués e historiador, levou dende Carballido da Terra
Chá a Oiartzun de Gipuzkoa pra transplantalo nun eido da súa
pertenza e da súa dona Maribel Goñi
Carballo de Carballido:
¡na Terra Chá tes nación
e levas no corazón
un puro amor transcendido!
¡na Terra Chá tes nación
e levas no corazón
un puro amor transcendido!
¡Non deas nunca ó olvido
idioma, patria e canción
que o teu nativo torrón
queda, sen ti, dolorido!
idioma, patria e canción
que o teu nativo torrón
queda, sen ti, dolorido!
Asume un novo destiño
plenamente. E sen espera:
¡faite luz, símbolo e siño!
plenamente. E sen espera:
¡faite luz, símbolo e siño!
Ti non eres un calquera:
¡dille, en galego, ó Pepiño
que che adeprenda o euskera!
¡dille, en galego, ó Pepiño
que che adeprenda o euskera!
Terra Chá (en Obras Completas, 2001)
Ningún comentario:
Publicar un comentario