1
O monte é raso. Carqueixas. Máis alá
unha terra moura, a mourear.
¡Povos sen terras! ¡Fanegas de soidá!
2
Taboi, Cela, Mosteiro, Bonxe, Aguiar,
Folgueira, Matela, Sobrada, Arcillá!
Despois: ¡Xustás, Ludrio, Ansemar,
San Fiz, Arcos, Bendia, Couto de A,
Loentia, Castro, Azúmara e Bazar...!
¡Abadín, Rábade, Cospeito, Guitiriz,
Castro de Rei, Xermade e A do Monte!
¡Outeiro de Rei, Moncelos e Mondriz...!
¡Támboga, Trobo, Lanzós e máis Begonte,
O Santo, Quintela, Rozas e Goiriz...!
¡En tanta inmensidade e tanto monte,
Vilalba, a branca, sorríndose feliz!
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario