O Sil
está, en Sequeiros, encorado,
remansando
cautamente o seu caudal
para
ir inadvertido polo Val
como
un vento sutil e delicado.
Nesta
profundidade moura e abismal,
na que
se olla o río ensimesmado,
óese
un misterioso laio namorado:
voz
dun amor urxente, puro e inmortal.
Son
dous eternos amantes: aí están
no
pasadizo que vai, baixo o río,
dende
Torre Novais á outra ribeira.
Amor,
morte, misterio: veñen e van
por un
ignoto alén claro e sombrío
coa
súa chama inmorrente e verdadeiro.Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario