O San Alberto de Parga
Meu San
Alberte glorioso
de San
Ambreixo de Parga:
¡se o falar é
moi fermoso,
a mudez é ben
amarga!
Meu San
Alberte querido,
eu veño á
túa romería
pedirche un
favor cumprido,
tan claro e
bon como o día.
¡Dáme unhas
verbas sinxelas
prá miña
pronuncia escura
e lume para
acendelas
en chamas de
fermosura...!
Meu San
Alberte bendito:
ben sei que me
has escoitar
que mo dixo o
San Benito
cando crucei
Valdomar!
San Alberte
milagreiro,
eres, coma
min, chairego:
¡dáme un
falar verdadeiro
no noso idioma
galego!
Terra Chá
(1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario