Esta fontiña encantada
non é amiga de falar.
Está no chao moi calada,
que non quere despertar
a unhas pedras velliñas
que están na auga a durmir.
E tamén ten por veciñas
-desexa non as ferir-
a unhas flores pequeniñas
que logo queren abrir.
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario