venres, 22 de xaneiro de 2016

Imos indo...

Muíño roulón

Anda a roular, ledo e cantareiro,
o muíño roulón sobre o regueiro.
Ó pasar a invernía queda calado
e despois, todo o ano, está parado.
Ten paciencia, humildade e corazón
o muíño roulón, humilde e bon.
¡E non lle ten envexa ó gran muíño
que moe todo o ano no Pai Miño!

Terra Chá (1954)


Ningún comentario:

Publicar un comentario