sábado, 16 de xaneiro de 2016

Pórtico

Non sei por que a miña alma sangra ao vento
cada vez que, ao meu pé, tan lentamente pasa.
É algo doce, sinxelo como un encantamento
e eu quixera ter á súa sombra a miña casa.

A miña casa é néboa azul e lixeira do Xistral,
sumida no silencio dos montes e da serra.
A miña casa é miña irmá. Irmá do piñeiral.
E deste corpo meu de amor e máis de terra.

Eu veño de moi lonxe. Predico no deserto.
Fálolle sempre á cinza e máis ás herbas.
Os paxaros saben que eu estou no certo.
E deica as estrelas chegan estas verbas.

Algunha vez as verbas quedáronme na gorxa
agardando unha luz de ceo e máis de vento.
De cando en vez, no meu lume, un anxo forxa
unha cadea de brisa que afoga o meu lamento [...].

Mar Maior (1963)

Ningún comentario:

Publicar un comentario