O grilo
Cando o silencio é maneira
de cousa que non se nombra
canta o grilo na lareira
por entremendias da sombra.
O corvo
O corvo é mouro, agoreiro
e ten moi duro o acento.
¡Canto grazna no Xaneiro
racha en anacos o vento!
Terrá Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario