luns, 11 de xaneiro de 2016

Nocturno problema metafísico

Ollei, dende neno,
ladrar os cás
á lúa.
Sempre ladran o mesmo.
O ladrar dos cás
é escuro,
branco,
vermello,
ledo,
tristeiro
e señardoso.
¿Qué senso terán
os seus ladridos?
¿Terán, cecaives,
senso algún?
¡Ouh, qué fondo
e transcendente
problema metafísico!
O ladrar dos cás
pon medo á noite.

Aldraxe contra a xistra (1973)

Ningún comentario:

Publicar un comentario