1
Fala o
río Sil
Porque
eu nacín tan lonxe
quero
morrer galego.
Teño
posta a lembranza
no
lugar de Cuetos Albos
onde
teño fundamento.
Logo
as hortas do Bierzo,
de
Covas e Pardollar.
¡Terras
metidas en min
que
non se me esquecerán!
Formo
e conformo a paisaxe,
arrolo
o viño na vide,
comigo
levo a saudade
de
moitos pobos e vilas:
¡Pumares
e Val de Orras,
Montefurado,
Sequeiros,
Quiroga,
San Clodio, Rairos,
Nogueira,
Amandi, Pombeiro!
Bibei,
Soldón, Lor e Cabe
traénme,
no seu caudal,
ledas
canciós que compiten
coa
ave máis principal.
Chego,
por fin, a Os Peares,
para
poder descansar:
o Miño
bótame ao lombo
e sen
máis... ¡lévame ao mar!
O
Minho canle de luz e néboa (1996)
Ningún comentario:
Publicar un comentario