Hoxe algúns e algunhas andamos a chaira seguindo as referencias poéticas de Manuel María a diferentes espazos localizados nesa comarca lucense. Esta andaina vai quedar recollida en distintos poemas que irán aparecendo aquí. O percorrido iníase, como non, na propia Casa Museo, lembrando o encontro da vivenda dos Hortas e a compañeira vital do poeta, Saleta:
Cando Saleta entrou por vez primeira
na
casa petrucial dos vellos Hortas
abríronse,
por si, todas as portas
e
emocionáronse o cedro e a nogueira.
E, con
Saleta, chegou a Primavera
e
deulle nova vida ás seivas mortas
que
rebentaron, pasmadas e absortas,
enchendo
de luz e neve a horta enteira.
E toda
a casa sorriu agradecida.
Semellaba
unha flor a súa sorrisa:
a rosa
máis ruborosa e acendida.
Saleta,
silenciosa e conmovida,
sentiu
no corazón a mao da brisa
e como
entraba a casa na súa vida.
Sonetos
á Casa de Hortas (1997)
Ningún comentario:
Publicar un comentario