Este libriño do autor chairego está de actualidade, xa que acaba de ser reeditado con debuxos do alumnado dos concellos de Quiroga e de Ribas de Sil, engadidos aos orixinais de Teixelo.
Tribo
de meu, fermosa e silandeira:
eres
humana como unha mao aberta,
necesaria
como unha fonda aperta,
como a
mesma verdade: verdadeira.
Déixame
que te habite, que te queira:
na
loita do vivir, dura e incerta,
a ti
che pido, nai, casa cuberta,
amor,
pan, viño, luz, lume e lareira.
Teño
as miñas raigañas na túa terra,
na túa
prodixiosa luz case irreal,
no
misterio do bosco e no da serra.
Son
home de boa lei, moi fiel ao Val:
¡na
miña gorxa vive, clama e berra
a voz
do meu bisavó, no Hospital!
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario