mércores, 20 de xaneiro de 2016

Silencio?

Silencio. O enorme silencio
denso, fondo, tenso
racha, de súpeto, a falar.
Faise cotovía, rula,
reiseñor,
murmurio de río,
voz alporizada das mareas.
E cando nos decatamos
convértese nun arco da vella
endexamais ollado por ninguén.

A luz resucitada (1984)

Ningún comentario:

Publicar un comentario