luns, 4 de xaneiro de 2016

Neste tempo todo é...

Choiva

Cae a auga na Chaira
soio polo gusto
de pegarlle na cara.
A Chaira sofre e cala.


Noite

A terra colle medo
cando a noite vén.
A lúa dalle luz,
outra cousa non ten.
¡Inda que a terra chore
non o sabe ninguén!

Terra Chá (1954)


Ningún comentario:

Publicar un comentario