As pegas
Está a pega vella
como unha señora
sobor dun ramallo
cantando a deshora.
A pega carniceira,
vestida de loito,
quixera merengue,
quixera biscoito.
A pega carniceira
biscoito non ten
¡e come a carniza
que non cheira ben!
A pega carniceira
chama á rebordá.
¡Se unha graznea,
di a outra: "grá, grá.."!
Os soños na gaiola (1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario