Manuel María adicoulle esta composición ao seu amigo Lois Diéguez:
Escríboche
dende a soedade do outono
para
que a miña coita sexa menos
e sexa
menor esta tristura.
Síntome
desamparado polas cousas
que
acotío me arrodean.
Todos
e todos estamos desamparados;
todos
estamos sos, esa é a verdade.
O teu
murmurio, ouh río, é o laio
da túa
soedade desamparada:
a
queixa que ti dis
ao
mundo que está á beira túa.
Estou
lonxe de ti.
Non
teño, amigo, a túa compaña.
Ti
levache ao mar
os
meus lonxanos días da nenez;
levache
a miña paixón de mozo,
tan
inútil.
[...]
Por eso che escribo, vello amigo.
Quero
que saibas que penso en ti,
que
levo nos ouvidos a túa música,
que o
teu silencio vai enchendo
con
vago rumor a miña alma.
Cando
de neno te ollaba vir da Terra Chá
e te
vía ir camiñando cara a Lugo
poñía
os meus ollos nas túas ondas
cavilando
que ti
cecais
nos ías levar ao infinito.
Agora
quixera estar outra vez á beira túa
para
poñer novamente nas túas ondas
esta
soedade
que o
outono me pon a min no corazón.
Remol
(1970)
Ningún comentario:
Publicar un comentario