A miña
avoa Consuelo, A Quiroguesa,
era
leda, risoña e faladora:
a súa
musical verba cantadora
no meu
corazón vai, fidel e acesa.
Era
verba que non se leva agora,
cunha
raíz anterga e montañesa,
un
murmurio de vento na devesa,
claridades
de río e luz de aurora.
E
sentín florecer como a cerdeira
unha
forte, escurísima inquedanza,
cunha
paixón profunda e verdadeira.
É que
levaba a Quiroga na lembranza
como
se leva un destino, unha bandeira,
un
ensoño que se ama e non se alcanza.
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario